O proxecto

O sincrotrón ALBA



O sincrotrón ALBA é a meirande infraestrutura científica e tecnolóxica de toda España. Está situada en Cerdanyola del Vallès (a uns 20 quilómetros de Barcelona).



Sincrotrón ALBA


Trátase dun complexo de aceleradores de electróns para producir luz de sincrotrón, que permite visualizar a estrutura atómica e molecular da materia e estudar as súas propiedades.

Cada ano, o ALBA xera unhas 6.000 horas de luz, que dan servizo a máis de 2.500 membros da comunidade científica e do sector industrial procedentes de institucións españolas (60 %) e tamén doutros países (40 %). Actualmente, a instalación dispón de 13 liñas de luz en funcionamento, destinadas principalmente á investigación nos ámbitos das biociencias, a materia condensada (nanociencia e propiedades magnéticas e electrónicas) e a ciencia dos materiais. Ademais, conta con novas liñas en construción.

O Sincrotrón ALBA está xestionado polo Consorcio para a Construción, Equipamento e Explotación do Laboratorio de Luz de Sincrotrón (CELLS) e está cofinanciado a partes iguais polo Goberno de España e a Generalitat de Catalunya. Forma parte da rede de Infraestructuras Científicas e Técnicas Singulares (ICTS), que están dedicadas á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico de vangarda e máxima calidade, así como a fomentar a transmisión, o intercambio e a preservación do coñecemento, a transferencia de tecnoloxía e a innovación.



Sincrotrón ALBA

Obxectivos da Misión





Fomentar vocacións científicas entre as nenas e os nenos de primaria, ofrecéndolles a posibilidade de vivir a ciencia en primeira persoa.


Crear pontes entre a comunidade científica e a comunidade educativa, fornecendo ao persoal docente contextos reais para traballar a ciencia.


Reforzar o compromiso do ALBA coa divulgación científica, achegando a ciencia de primeiro nivel ao conxunto da sociedade.


Estreitar a ligazón entre o Sincrotrón ALBA e a sociedade española, eliminando a barreira xeográfica entre a infraestrutura e a cidadanía.


As portas do ALBA están abertas á comunidade educativa

Unha iniciativa de:


Alba

Coa colaboración de:


Producida por:


eduXarxa

Utilizamos cookies propias y de terceros para finalidades analíticas y técnicas; tratando datos necesarios para la elaboración de perfiles basados en tus hábitos de navegación.
Puedes obtener más información y configurar tus preferencias desde 'Configuración de cookies'.

Configuración de cookies